Copa de España de pista cadete
O fin de semana do 6 e 7, o Grupo Xuvenil As Pontes de Piragüismo acudiu ata o encoro de Pontillón de Castro (Pontevedra) para que os seus padexeiros cadetes competisen cos mellores no ámbito nacional.
Participaban Xoel Timiraos, Daniel Ferro e Xalo Romero.
Na xornadaa do sábado, sobre a distancia olímpica de mil metros, e todos na modalidade K1, os resultados foron os seguintes:
Xoel en cadete B,acadaba o posto 35º, e faltáballe pouco máis dun segundo para entrar nas semifinais.
Dani, tamén en cadete B era 8º, posto que lle outorgaba un posto nas semis, onde fixo un gran papel, pasando a formar parte dos nove padexeiros que disputaron a final A, na que remataba oitavo.
Xalo, ocupaba o posto 37º en cadete A, e igual que Xoel, ficaba fora das semifinais por unha marxe inferior a tres segundos.
Xa na xornada dominical, Xalo e Dani participaban no k2 cadete cincocentos metros(tamén distancia olímpica), facendo un 15º posto na clasificatoria, que lles daba unha praza na final b, onde eran novenos.
Nova cortesía do Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes
