O vindeiro 6 de abril, Amigus volve impartir un curso de balde grazas á deputación da Coruña e ó concello das Pontes.
Desta volta, será o turno da placa da BBC micro:bit que ofrece todo un mundo de posibilidades para a imaxinación da nosa rapazada. Os nenos e nenas de 8 a 14 anos coñecerán máis de preto as características da placa da man de Ciencia Kids e con unha programación por bloques coma Scratch ou mBlock, descubrirán algún uso para micro:bit
A placa inglesa conta como características máis singulares cunha matriz de 25 ledes en formato 5×5, sensores de temperatura, luz, Acelerómetro, magnetómetro, que xunto coa posibilidade de funcionar con pilas da posibilidades tan dispares coma unha brúxula, ou un cartel identificativo para a nosa solapa.
O curso terá lugar no local de Amigus na praza do hospital, 14 o 6 de abril de 10:30 a 13:30.
Se tes entre 8 e 14 anos poderaste inscribir dende o 18 de marzo ás 9 aquí ou no QR ⬇️