Amigus
As Pontes

ALBA ABRIL E MARÍA LEFLER DO CLUB DE VELA FLUVIAL AS PONTES, CAMPEONAS DE ESPAÑA FEMENINAS

As dúas regatistas do club pontés, aínda en idade xuvenil, como integrantes da selección galega veñen de proclamarse Campeonas de España na categoría feminina da clase vaurien na 60 edición do Campeonato de España que esta dende o pasado xoves ata o domingo se disputou en augas da ría de Vigo. Oito clubs galegos mais 7 do resto da península déronse cita no Real Club Náutico de Vigo.

Un campeonato condicionado polas duras condicións meteorolóxicas, no que dos catro días programados de regata so se puido navegar en dous deles. Tras a alerta laranxa do xoves santo e as condicións inestables de vento do venres santo, a flota puido completar 4 mangas na xornada do sábado e unha máis na do domingo. Dende a primeira das mangas disputadas, Alba e María deixaron claro que non querían deixar pasar a oportunidade de gañar este campeonato, e sempre se mantiveron firmes ó frente da clasificación feminina ata o remate da regata. Na clasificación absoluta finalizaron no posto 14º.

Ademáis cabe sinalar que o adestrador do CVF As Pontes Nano de Andrés foi recoñecido co trofeo Teresa Landín, trofeo á deportividade e ó comportamento exemplar neste eido.

 

O resto da flota pontesa, todos xuvenís, foron David Villaverde e Antón Dopico (26º absoluto/8º sub-17), Jimena Abril e Ana Lefler (27º absoluto/9º sub-17), e Alejandro Villaverde e Telmo Vizoso (29º absoluto/8º sub-23).

 

O campeóns de España absoluto foron os vigueses do RCN Vigo Pablo Cabello e Iria Eguía. A destacar que este é o septimo título para Pablo que iguala o palmarés do mítico Pedro Campos no palmarés español do vaurien.

 

Nova cortesía do clube de vela fluvial.

También podría gustarte
Comentarios