Amigus
As Pontes

RESULTADOS CLUBE DE PIRAGUISMO GRUPO XUVENIL NOS CAMPEONATOS GALEGOS DE K-1 NA CATEGORÍA INFANTIL.

Muiños (Ourense) 30/03/2024

O pasado sábado día 30 celebraronse os Campeonatos Galegos de inverno sobre a distancia de 3000 metros, no que participaron 400 padexeir@s pertencentes a 39 clubes Galegos. O clube pontés acudiu con 4 padexeiros acadaron uns excelentes resultados:

-Na categoría Infantil “B” participaron Dani Ferro Franco que acadou o terceiro posto e Xoel Timiraos Pico clasificado no séptimo lugar, nunha regata na que participaron 65 padexeiros.

-Na categoría Infantil “A”, Xalo Romero Valle proclamouse subcampeón Galego e Xalo Cascudo Montes acadou o 19º posto entre os 70 participantes nesta regata.

 

Nova cortesía do Grupo Xuvenil.

También podría gustarte
Comentarios