LIV CAMPEONATOS DE ESPAÑA DE INVERNO DE PIRAGÜISMO

CATEGORÍAS SENIOR, SUB-23 E VETERANS

Sevilla 9/10 de marzo

O pasado fin de semana celebraronse na pista da Illa da Cartuja no río Guadalquivir o seu paso por Sevilla, a LIV edición das campeonatos nacionais de piragüismo sobre a distancia de 5000 metros, nos que participaron máis de 1.300 padexeir@s en duas intensas xornadas de competición.

O clube Grupo Xuvenil de As Pontes acudeu con 4 deportistas e estes foron os seus resultados:

Na categoría muller sub-23, Celia Durán Iglesias acadou o posto 35º, nunha dura regata na que participaron 65 padexeiras. Todo un éxito para Celia que está temporada está a compaxinar os seus estudios universitarios cos adestramentos .

Na categoría veterán, Antonio Polo Campello acadou o 1º lugar na regata home master 45/49 anos, na que participaron 60 padexeiros.

Na categoría veterán, Ernesto Gancedo Herreras en home master 50/54 anos acadou o 19º posto entre os 65 padexeiros participantes.

Na categoría master 40/44 ANOS, Miguel Timiraos Martínez acadou un meritorio 33º lugar, na súa primeira regata a nivel nacional.

Na xornada do domingo Antonio Polo disputou a regata home categoría senior na que participaron os mellores deportistas nacionais absolutos, moitos deles concentrados todo o ano co equipo nacional. Para clasificarse para esta final tivo que disputar nas semifinais do sábado cunha cotrareloxo individual de 3000 metros. Xa na final Antonio Polo acadou o 37º posto entre os 70 participantes nesta final. Todo un palizón para Polo, con dúas regatas de 5000 m e una clasificatoria de 3000 m con escaso tempo de descanso entre elas.

Tamén na xornada do domingo e na categoría master K-2 Erenesto Gancedo e Miguel Timiraos participaron na final k2 5000m, acadando o 10º posto na clasificación final.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil.

 

 

 

También podría gustarte
Comentarios