Amigus
As Pontes

A XOGADORA DE ORIXE PONTÉS MARTINA RIVAS DEBUTA EN PRIMEIRA DIVISIÓN.

Fíxoo co Deportivo no partido xogado este sábado en Sevilla

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

A porteira Martina Rivas Soto (Sada 23-6-2006), de avós e pais ponteses, debutou este sábado no partido de Primeira División Feminina, Sevilla 2 – Deportivo Abanca 1.

Martina saltou ao campo no minuto 55, no lugar da defensa Samara Ortiz, pois foi expulsada a porteira brasileña Inés Pereira. Curiosamente na portería contraria estaba Esther Sullastres, xogadora que fora do Deportivo entre 2019-21.

Martina pasou polas categorías inferiores do Victoria CF, Orzán SD, e xa desde 2023 xoga no Deportivo Abanca B de Terceira Federación.

Entre as súas compañeiras de equipo está a defensa de Carballo, Elena Vázquez, recente Subcampiona Mundial Sub17 na República Dominicana, tras perder a final nos penaltis ante Corea do Norte, e a dianteira de Caldas, Lucía Rivas, actualmente lesionada, Campiona de Europa Sub17 en Suecia tras gañar na final 4-0 a Inglaterra.

Martina pasou polas Seleccións Galegas Alevín Sub12, Cadete Sub15 e Xuvenil Sub17, e tamén polas diversas Seleccións Comarcais de Coruña.

Nova cortesía Belén Castro e XF. Fotografía cortesía RC Deportivo de A Coruña

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios