A Mesa do Tecido das Pontes estudia crear unha plataforma informativa
Lendo diariodeferrol.com:
“A mesa Sectorial do Tecido Asociativo e a Calidade de Vida, posta en marcha por EuroEume, vai ampliando o número de entidades implicadas. O pasado sábado celebrouse unha nova reunión, na que estiveron preto de 20 asociacións. Neste encontro tomáronse algunhas decisións tendentes a logar a maior coordinación e tamén aproveitar recursos e información.”…
…”Un dos temas desta xuntaza da Mesa foi precisamente a integración de actividades e que se traslade a información que xera cada entidade ás que forman parte da mesa, de xeito que ó mesmo tempo tódolos socios reciban os datos necesarios. Outra das cuestións tratadas foi establecer que cada sector estea encabezado por varias asociacións que sexan punta de lanza e que poidan axudar ás restantes. A cuestión informativa volveu ser de novo un dos temas esenciais, xa que é algo que lles preocupa ás entidades, tanto á hora de recibir información sobre axudas, subvencións, como tamén de traslada-los datos sobre as propias actividades ós veciños e socios.
Deste xeito, estudiarase a posibilidade de crear unha plataforma informativa, a través dunha edición imprensa, ou tamén a través de Internet. Tamén nesta vía de integración a asociación EuroEume comprometeuse a realizar un labor de asesoramente para levar a cabo a adaptación dos estatutos á nova lei de Asociacións.”
Fonte: diariodeferrol.com