Amigus
As Pontes

ACTUACIÓN DOS XOGADORES LOCAIS NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA.

Esta pasada fin de semana en Castela A Mancha

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Os xogadores locais Gael Romalde e Álvaro Roca, do Lago Sport, e Lucas Purriños, de O Parrulo Ferrol, desprazábanse esta fin de semana a Castela A Mancha para a disputa da primeira fase do Campionato de España.

O combinado galego Infantil Sub14 de Gael e Álvaro sumou un triunfo ante as Illas Canarias (4-3), por dúas derrotas ante o combinado local (1-8) e Rexión de Murcia (1-2).

Idéntica situación viviu a Selección Galega Cadete Sub16 de Lucas, que venceu ás Illas Canarias (6-2), e logo perdeu con Castela A Mancha (1-4) e Rexión de Murcia (1-2).

Nova cortesía Diego Paz. Fotos cortesía Futgal.

Nova cortesía Diego Paz. Fotos cortesía Futgal.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios