Amigus
As Pontes

ADEUS A UN GRANDE DO FÚTBOL PONTÉS.

No día de onte faleceu Celso Roca Puentes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Apenas hai uns intres coñecíamos a triste nova do falecemento no día de onte aos 80 anos de Don Celso Roca Puentes, toda unha institución no fútbol pontes.

Nado na nosa vila un 27 de Marzo de 1945, Celso ingresou no por aquel entón chamado Calvo Sotelo no ano 1961, xogando dous anos no equipo xuvenil, ata que na tempada 1963-64 da o salto ao primeiro equipo, no que se mantén ata a campaña 1973-74, once consecutivas.

Posteriormente foi adestrador do primeiro equipo do Endesa dúas tempadas, e tamén entrenou dous anos ao Racing Vilalbés, equipo co que gañou a Copa de Lugo. Tamén adestrou durante uns tres lustros a xuvenís, cadetes e infantís do Endesa de As Pontes, gañando a Liga e Copa de Ferrol en varias ocasións, ata retirarse definitivamente a mediados dos anos 90.

No seu haber conta, entre outros logros, coa Copa de Galicia 1968 tras gañar ao Rápido de Bouzas, ou o ascenso á Serie A Rexional en 1973 tras derrotar na promoción de ascenso ao Viveiro nunha trepidante eliminatoria.

Irmán de Manolo Roca e tío de Marco Roca, nos seus inicios comezou xogando de dianteiro centro, pasando logo ao medio campo, demarcación na que xogou o resto da súa vida deportiva.

Moi querido e apreciado, aínda ata hai pouco era asiduo ao Campo do Poboado, sufrindo nos últimos anos polo seu querido As Pontes. (D.E.P).

Nova cortesía X.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios