Amigus
As Pontes

ASCENSO DE ENRIQUE FORNOS A SEGUNDA DIVISIÓN.

Segundo ascenso do futbolista pontés tralo conseguido co Racing de Ferrol

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Con moito sufrimento ascendeu ao chamado fútbol profesional o bravo xogador pontés Enrique Fornos Domínguez coa Cultural Leonesa que sufriu moito nas dúas últimas xornadas. Primeiro unha derrota 2-1 co tempo cumprido en El Toralín ante a Ponferradina, e onte nun sufrido partido ante o Andorra no que se adiantaban con tanto do pontedeumés Luis Chacón pero daba emoción ao encontro o empate do ex do Lugo, Álvaro Peña.

Co remate do partido, 1-1, ascendía a Cultural Leonesa, empatada a 65 puntos coa Ponferradina, pero a vitoria 2-0 no Reino de León prevaleceu sobre o 2-1 da semana pasada. Magnífico redemento de Enrique ao longo de toda a tempada xogando 35 encontros, 32 deles de titular, e 27 completos, anotando dous tantos ante a Gimnástica Segoviana e contra o Zamora.

Segunda foto cortesía Cultural Leonesa. Nova XF

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios