Cangas serve de escenario esta fin de semana á primeira edición da Morraso Party
Lendo codigocero.com:
“A atención dos mozos informáticos galegos vai estar dirixida estes días cara a localidade de Cangas, en Pontevedra, onde se está a celebrar a Morraso Party, concretamente no Pavillón de Deportes do Instituto de Educación Secundaria de Rodeira. Trátase da primeira edición dun encontro organizado polo departamento de Informática do devandito centro educativo e que nace co seguinte obxectivo: ser un punto de encontro de afeccionados e profesionais da informática. En definitiva, trátase dunha xuntanza dirixida a todas aquelas persoas que teñan computador e que, a maiores, gusten de navegar en Internet, xogar, chatear e coñecer xente.”…
Fonte: codigocero.com