Amigus
As Pontes

Copa Galega Piragüismo de Pista cadetes e veteráns

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O sábado día 10 de Maio, o Grupo Xuvenil As Pontes desprazouse con seis padexeiros novamente ó Encoro de Pontillón de Castro, na parroquia pontevedresa de Verducido para disputar a Copa Galega de Pista nas categorías cadete e veterán.

Os resultados foron os seguintes, no k2 home cadete 500m. Omar Penabad e Adrián Filgueira eran cuartos, mentres na misma categoría e distancia Xalo Romero e Adrián Ribeiro eran viséximos.Nesta mesma distancia o k2 veterán de Miguel Timiraos e Ernesto Gancedo ocupaba un decimocuarto lugar.

Xa no k4 home cadete, tamén sobre 500m., A.Filgueira,O.Penabad, A.Ribeiro e X.Romero acadaban un sexto lugar.

Nova cortesía do Grupo Xuvenil.

 

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios