Amigus
As Pontes

Copa Local Local de Futbol Sala 2018

O pasado fin de semana puxose fin a tempada na competición Local de Futbol Sala coa disputa da Copa Local 2018.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Unha Copa Local que cumpriu coas expectativas xeradas xa que na maioria das eliminatorias a emoción e a incertidume viviuse ata os derradeiros minutos dos encontros e que rematou do mesmo xeito xa que a Liga con A Cova dos Trasnos como o campión da edición 2018.

A competición de Copa comezarabase a disputar na maña sábado coas eliminatorias da fase prevía nas que buscaron o pase a Cuartos de Final os seis últimos clasificados da Liga.

Ás dez da maña abriron a xornada Husse-Barbarroja e Matojoma NG UB2 F.S. un encontro onde o Husse-Barbarroja partía como favorito a conseguir a vitoria e non defraudou xa que gañou por un contundente 8-0 a un Matojoma NG UB2 F.S. que buscaba lavar a imaxe dada na Liga pero non foi capaz.

A continuación Andaina-Centro Futbol e O Esteo F.S. “B” disputarian un partido moi igualado no que no O Esteo se adiantaría no marcador por duas veces pero en ambas ocasións vería como os de A Capela eran capaces de neutralizar a ventaxa, a última vez a poucos segundos para o remate do encontro polo que este remataría con empate a dous goles. Na quenda de lanzamentos dende o punto de penalti o Esteo fallaría o último lanzamento mentras que os de Andaina marcarían os tres lanzamentos polo que serian estes os que conseguirían o pase aos cuarto de final.

Para finalizar a xornada matutina do sábado, as doce maña o sorteo fixo que o UB2 Group-Pub Plaza e o Pub Mania-Las Torres volveran a revivir os duelos que protagonizaron durante a de Liga que acabaron con empate e este encontro tamen acabaría con empate a dous goles, despois de varios parons no xogo pola excesiva dureza coa que se estaba a xogar e pola expulsión dun xogador de cada equipo por faltarlle ao respeto ao árbitro. Chegariase así á quenda de penaltis onde o UB2 Group-Pub Plaza estaría mais acertado conseguindo así o pase aos cuartos de final.

O sábado pola tarde disputaronse as eliminatorias de Cuartos de Final cun prato forte para empezar xa que Colormix e A Cova dos Trasnos, segundo e primeiro clasificados da Liga respectivamente, verianse as caras nun encontro que se decantou moi rápido a prol dos de A Cova cun gol de falta directa ao borde da área. A pesar disto Colormix tentou reaccionar a este gol sen éxito. A Cova dos Trasnos aumentaría a súa ventaxa xa na segunda parte ata poñer o marcador final nun 0-3 có que xa esperaba rival na semifinal do Domingo.

A continuación ás seis da tarde disputariase o outro prato forte dos Cuartos de Final xa que Os Tritós-Desguaces Vilabella cuarto clasificado na Liga enfrontariase ao terceiro clasificado o Novostylo Peluqueros nun encontro no que os de Vilalba partian cunha lixeira ventaxa de favoritos visto os enfrontamentos na Liga, pero desta vez serían Os Tritós os que conseguirían a vitoria nun encontro no que a emoción e a incertidume mantivose ata os segundos finais. Comezaba o encontro cós Tritos volcados en ataque o que propiciou que se puxeran por diante no marcador cun 3-0 con pouco mais de cinco minutos disputados pero os de Vilalba non se ian render tan rápido e conseguirían recortar diferencias poñendo o 3-1 antes do descanso. Na reanudación a o pouco de comenzar ampliarían diferencias Os Tritos colocando o 4-1 no electrónico pero o Novostylo ainda non dixera a última palabra e sacou o porteiro-xogador á pista e conseguiría empatar o partido a falta de tres minutos para o remate do mesmo. Cando tódolos presentes pensaban que a eliminatoria se ia decidir ao penaltis un libre indirecto executado maxistralmente polos Tritós conseguiría subir o 5-4 ao marcador xa case sen tempo de reacción polo que Ós Tritos conseguirían colarse nas semifinais.

Ás sete da tarde Ribadeume Futsal conseguiría o seu pase as semifinais do domingo tras derrotar ao Andaina-Centro Futbol por un resultado axustado de 2-1 nun encontro igualado ao que os de A Capela acudiron con poucos efectivos pero ainda así vendían cara a derrota.

E para finalizar esta xornada ás oito do seran disputariase a última das eliminatoria de cuartos de final que enfrontaba ao o Husse-Barbarroja e o UB2 Group-Pub Plaza dous equipos procedentes da fase previa e no que o Husse-Barbarroja resolvería o seu pase a semifinais cun cómodo resultado de 7-1.

Para o domingo pola tarde quedaba a disputa das semifinais que comezaban con sorpresa xa que na primeira semifinal o Husse-Barbarroja era quen de derrotar a Os Tritós por 3-1 nun encontro onde o Husse-Barbarroja realizaría un partido práctico que o levaría ata a final contra todo pronóstico.

A segunda semifinal sorprendentemente diciriase aos penaltis nun emocionante encontro entre o Ribadeume Futsal e A Cova dos Trasnos xa que os de Ribadeume realizarían o mellor encontro da tempada acabando a primeira metade mandando no marcador cun 2-0 a o seu favor e poñendo en serios problemas a o campión de Liga. Non seria ata mediado o segundo periodo cando os da A Cova reaccionarían sacando o porteiro xogador á pista o que lles serviria para acortar diferencias no marcador. Seguiron arriscando có porteiro xogador sobre a pista e case sentenza o Ribadeume nun lanzamento lonxano a porta vacía que repeleu o pao. Na seguinte xogada os de A Cova xogando de cinco conseguirían o empate a poucos minutos para o final do encontro despois de numerosas ocasións de gol falladas. Na quenda de penaltis os de Ribadeume non conseguirían materializar ningún dos tres lanzamentos mentras que os de A Cova marcarían dous có que conseguían o pase a final non exentos de sufrimento.

A final quedaría para as oito do seran da tarde e enfrontoria ao Husse-Barbarroja e A Cova dos Tranos que partía como favorito e pronto mostraría esa condición xa que mediada a primeira parte adiantariase no marcador con dous goles case seguidos. O que parecía que acabaría nunha goleada non foi así xa que o Husse-Barbarroja prantou cara ao campión da Liga e ata conseguiría acurtar diferencias nun contragolpe que culminou cun disparo cruzado dende fora área para poñerlle emoción aos minutos finais do encontro. Esa emoción veuse truncada por dous goles de A Cova dos Trasnos que deixaría o marcador final nun 1-4 e así conseguiría o dobrete nesta tempada.

A continuación fixose entrega dos trofeos desta tempada que contou coa presenza do Concelleiro de Deportes e Xuventude do Concello de As Pontes, Chicho Tembrás.

Antes de deixarvos con tódolos resultados desta edición da Copa Local de Futbol Sala de As Pontes a Asociación Local de Futbol Sala quere agradecer a partipación de todos e cada un dos equipos nesta tempada asi como a presenza na entrega de trofeos do Concelleiro de Deportes e Xuventude do Concello de As Pontes, Chicho Tembrás.

Adxunto o cadro da Copa con tódolos resultados.

Tamen agradecer a vos Asociación Informática Amigus por publicar periódicamente todo referente á competición local de Futbol Sala.

Nova cortesía de Moisés Fernández

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios