A Cepa é o brillante Campión da Copa Pontesa de Veteranos 2025 tras arrollar aos seus rivais nesta fin de semana.
O sábado venceron cun contundente 3-0 a todo un Campión de Liga como A Taberna de Pancho, sen o noso querido Adrián López. Tras empatar a 2-2 no tempo regulamentario, tamén clasificou nos penaltis o Estanco Mari Carmen, ante o Muebles Eume de Basoa.
Nun domingo á mañá con Campionato de España de Triatlón na Coruña e tamén todo un Liceo-Reus, disputouse a gran final na que voltou a ser superior A Cepa, que venceu por 3-1 ao Estanco Mari Carmen.
Nova cortesía Xose Ferreiro
Nova cortesía Xose Ferreiro