Amigus
As Pontes

DÚAS XOGADORAS DO LAGO SPORT DEBUTAN EN SEGUNDA DIVISIÓN.

Sheyla Rivera e Laurita García

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Dúas xogadoras do Lago Sport debutaron estes días en Segunda División co Valdetires de Ferrol.

⚽️ Debut da canteira! ⚽️

💙🧡🤍💚 Sheyla Rivera, xogadora cadete formada no noso clube, debutaba co equipo de Segunda División do Valdetires FSF no encontro da Segunda División que as enfrentaba contra o A.D. Mioño FS, no que se impuxo o equipo ferrolá por 1 a 5.

💪🏻⚽️ Estamos convencidos de que este é só o comezo, noraboa Sheyla a seguir traballando e desfrutando do Futsal

Valdetires Ferrol F.S.F (OFICIAL) Valdetires Ferrol F.S.F (OFICIAL)

💙🧡 #XeraciónLago #ValdetiresFSF

⚽️ Debut da canteira! ⚽️

🤍💚 Laura García, xogadora cadete formada no noso clube, debutaba co equipo de Segunda División do Valdetires FSF no encontro que as enfrentaba contra o CD San Pablo Ibiza. O equipo ferrolá impoñíase por 2 tantos a 0 ata a suspensión do encontro por mor da condensación da pista, imposibilitando que se xogase a segunda metade.

💪🏻⚽️ Noraboa a Laurita polo seu debut, que a converte na segunda xogadora do Lago Sport en ter minutos na categoría de prata esta tempada. Este é só o comezo!

@valdetiresfsf

💙🧡 #XeraciónLago #ValdetiresFSF

Tamén foi convocada para este último partido a nosa canteirá Patricia Adega “Pipi”.

Nova cortesía Diego Paz Romero

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios