Campiona de Europa Sub19, internacional española Sub23, xogou en Primeira División con Éibar e Betis, este ano Subcampiona da Champions Asiática co Melbourne City. Gran deportista pontesa, por certo, última gañadora da Gala do Deporte pontés en 2019 “me gustara moito o trofeo porque era como unhas mans dunha porteira”, na revista das festas de As Pontes 2025 temos o luxo de falar coa gran Malena Mieres García.
Ola Malena, ¿que tal?, un luxo poder entrevistarte. Iníciaste no CD As Pontes, e no tempo que estás na canteira creo que gañas a Liga Prebenxamín 2007-08, a Copa de Ferrol Infantil 2012-13, e as Copas Infantís Afaco 2013 e 2014. ¿Que recordos tes desa época? Coincidiches con unha boa xeneración do ano 2.000, os irmáns Pajaro, Sergio Otero, Bruno Silvén…
Ola, grazas. Pois non me acordo moito deses títulos que me dis (risas), pero si que me acordo de perder as fases de ascenso (risas). E agora que o mencionas, nesa Liga Prebenxamín, no último partido gañaramos por goleada ao Numancia de Ares, e eu daba volteretas na portería aburrida porque non se acercaban á area, eu tería 8 anos. Recordo xogar de porteira e de xogadora, e que houbo unha temporada que deixei o fútbol porque os meus pais me apuntaran a Ximnasia Rítmica e Taekwondo. Os do ano 2.000 somos unha xeneración de ouro disque (risas).
¿Porqué e cando das o paso de xogar de porteira?
Debía ter 12 anos, no primeiro Campionato de España Alevín que fun coa Selección Galega, pois si fun de porteira sería por algo, entón despois diso xa quedei na portería. Pero ata daquela cando xogaba coas rapazas aínda o facía moito de xogadora, si que cos rapaces xogaba máis de porteira.
Logo, previo paso polo Peluquería Mixta Friol, fichas polo Deportivo da Coruña, pasas pola canteira, e un ano no primeiro equipo, en Segunda División, gañades Copas Deputacións, varios Teresa Herrera, xogas coa pontesa Raquel Béjar e moitas outras promesas.
Cando se creou o Deportivo eu fun para alí, que eu son do Deportivo, era nova e tiña moitísima ilusión por xogar nese equipo. O primeiro ano aínda estaba vivindo aquí, e logo xa me mudei para alí, e na Coruña vívese moi ben. Tiñamos un equipo para gañar a calquera. Estaba Teresa Abelleira, Nuria Rábano, Lía Muíño, Cris Martínez, Eva Luz…E xogamos en Riazor, no Anxo Carro, no Estadio da Luz…
Logo tres temporadas no Éibar e dúas no Betis. En terras vascas debutas con un ascenso a Primeira, logo dúas tempadas na máxima categoría, e despois outras dúas no Real Betis, en definitiva, xogas catro temporadas seguidas en Primeira División. ¿Que me dis da experiencia? Fálame de Éibar e Sevilla como cidades, aínda que son moi distintas.
Éibar era como estar aquí, como estar na casa, alí fixen moi boas amigas, que o seguen sendo e o serán para todo a vida. Éibar foi máis especial, pois tes un ascenso e ao final é o equipo co que debutas en Primeira División. E despois, no Betis, moitísima calor (risas), un club grande, abren o Benito Villamarín para que xoguemos nosoutras, pretemporada en Portugal, fixeron instalacións novas para todo o clube… E alí había xogadoras moi profesionais, destacaríache á histórica Ángela Sosa, e tamén a promesa Rosa Márquez. No Eibar tamén as había, pero era un equipo máis novo.
¿Que me falas da experiencia de xogar contra o Barcelona, Real Madrid ou Atlético? ¿Como é xogar contra Alexia ou Aitana? ¿Destacaríasme a algunha xogadora?
Pois eu xoguei no Benito Villamarín, no Wanda Metropolitano, no Johan Cruyff, Valdebebas…fíxate que campos. Porteiras en xeral na Liga hainas moi boas, Cata Coll, Misa, tamén Adriana Nanclares é boísima, coincidín con ela na Selección Sub23. Alexia ve o fútbol de outra maneira, Aitana é moi lista, pero é que Alexia vai adiantada ao seu tempo. E unha dianteira que me complicou moito a vida foi Cristina Martín Prieto, que ademais é amiga miña porque é de Sevilla (risas).
E vai a ir a Eurocopa. Recordo a túa final do Europeo Sub19, 2018, España-Alemaña, catro postes, moi Adn español de mala sorte (risas), ata que María Llompart fai o 1-0 definitivo de falta. Compartiches equipo con Athenea Del Castillo, Olga Carmona, Laia Codina, Oihane Hernández, Tere, que logo foron Campionas Mundiais en 2023, Olga incluso fai os dous goles decisivos. ¿Que me contas desa experiencia?
Ese era un equipo moi bo, fíxate que ese ano España ía a xogar o Mundial Sub20 e levou a moitas xogadoras Sub19, polo que a maioría que fomos a ese torneo en Suiza eramos aínda Sub18, con un ano menos, e aínda así gañamos a Suiza, Francia, Dinamarca e Alemaña. Gustábanme moito a hoxe famosa Laia Codina (Arsenal), e Anna Torrodá, daquela no Espanyol, pois eran as miñas defensas, pero todas eran moi boas, coma ti dis Olga e Athenea, pero tamén Nerea Eizaguirre, e outras moitas que hoxe xogan en Primeira.
¿E que me dis de Tere?, que xa fora compañeira túa cando conseguiches coa Selección Galega o bronce no Campionato de España Alevín en 2012, que nese equipo recordo que tamén estaba Lucía Pardo, que logo estivo contigo na Sub23.
E despois dese torneo Alevín encontreime con elas no Friol, no Deportivo, e en máis sitios. Pois fomos en bus ata Sevilla, nesa Selección Galega estaba Tere e Lucía, e tamén Lía e Laura Vázquez. Nas semifinais perdemos contra Cataluña nos penaltis, e sacamos o bronce contra a Comunidade Valenciana, e o torneo gañouno Navarra.
E Tere é unha das miñas mellores amigas, deu un paso grande e fíxose notar no Deportivo, que era o que tiña que facer, e logo fíxose importante no Real Madrid porque cando non xoga ela nótase. Solo che podo dicir cousas boas dela. Unha pena o da lesión porque estaba por ir a Suiza a ver a Eurocopa.
Magoa, ¿como che xurde o de ir a Australia? ¿E porque tomas a decisión de fichar polo Melbourne City?
Foi todo un pouco rápido, acabábaseme o contrato no Real Betis, estaba mirando por España e Europa, e de repente o meu representante díxome “temos isto de Australia”, eu en principio non o contemplaba, pero logo comenteillo a meus pais, tiven unha entrevista co equipo, e a raíz desa entrevista miña nai díxome que me fora, que eu pensei que me ía a dicir o contrario, meu pai tamén me animou, quería vir conmigo e todo (risas). Eu funme de vacacións a Amsterdam, déronme un plazo de tres días, e ao final decidín aceptar.
Desde que marchei ata agora que levo unha semana por aquí, botei case un ano enteiro alí, tiven que pasar o Nadal en Australia, por sorte daquela tiñamos partidos, e a parte boa é que por esas fechas facía tan bo tempo que fun á praia, imaxina, o día 25 de Nadal (risas).
E eu pensaba que o meu inglés era bo, pero non (risas), os dous ou tres primeiros meses tiven que estar moi concentrada, alí falan diferente, como moi abreviado todo, pero co paso do tempo foi mellor. Pero ao principio da temporada que fomos a Tailandia tiña unha libreta para saber o que tiña que dicir (risas).
Na Liga facedes un torneo espectacular gañando dezaseis partidos e con apenas sete empates, pero logo na “Supercopa” caedes co cuarto clasificado nunha eliminatoria con prórroga e unha xogadora menos, ¿que me podes falar destes torneos?
A liga moi ben, campionas, polo que o ano que ven voltaremos a xogar a Champions Asiática. E logo os seis primeiros clasificados xogamos unha especie de Supercopa. Xa contra o cuarto clasificado, Central Coast Mariners, fora o único equipo contra o que empatamos as dúas veces na Liga. Primeiro xogamos na súa casa, e ben, 2-2, pero logo na volta no noso campo nos expulsaron a unha xogadora ao principio e tivemos que cambiar o plan de partido. Por riba nos gañaron cun gol no último minuto da prórroga que era fora de xogo por bastante.
Na final da Champions tiveches moi mala sorte, ese empate que vos fixeron no 98´ tras un penalti por unha man inocente, e tamén na quenda de penaltis ides por diante e vos remontan. Ti estiveches magnífica, ¿que valoración me fas de todo o torneo?
Foi moi desagradable, para min merecemos gañar, porque ademais tivemos a sensación de que podíamos haber marcado varios goles, elas, o Wuhan Jiangda, xogaron ao que tiñan que xogar, querían ir a penaltis desde o minuto un. Tamén facía moita calor alí, e nos estábamos moi cansas despois de toda a temporada, e elas apenas levaban varios partidos xogados. Ademais, tamén xogaban na casa, con 19.000 chinos nas gradas.
Nas semifinais, as surcoreanas do Incheon Hyundai Steel sorprendéronme moito, fisicamente eran moi potentes e técnica e tacticamente moi boas. Xa xogaran contras as Matildas (Selección australiana) meses atrás con Corea do Sur e había polo menos dez dese equipo, pero bueno esa semifinal pelexouse e gañouse 2-1. Tamén daban respeto as xaponesas do Urawa Red Diamonds, pero ían polo outro lado do cadro e perderon coas chinas.
¿Que diferencias ves entre o fútbol australiano e o fútbol español ou europeo?
Creo que o fútbol australiano vai apostar máis rápido pola muller que o fútbol europeo, porque a súa Liga leva menos anos, pero queren apostar moito polo fútbol feminino, noto moito o apoio e fan moitas cousas para mellorar as condicións, para mellorar as cidades deportivas, alí levan anos que non se pode xogar en campo artificial, e aquí en España si.
E na Liga vouche dicir unha cousa, en Australia o último contra o primeiro compite, na Liga española non. De feito, o último partido noso foi contra un dos de abaixo, íamos 2-0, puxéronse 2-1 e apretando, certo é que despois marcamos máis goles, pero esa igualdade non se ve na Liga Española.
Por certo, ¿como é un día no teu equipo?
Normalmente tes que estar no clube as 8, e si fai calor, antes, nos temos a charla de porteiras e a charla de equipo, logo almorzas alí, fas activación para o adestramento, saes ao campo, logo vas ao ximnasio, todos os días, excepto o día prepartido, comes e marchas para casa.
Australia ten que ser un país moi especial, moi desarrollado, clima peculiar, moita fauna, rodeada de mar, país enorme pero coa metade de poboación que España, e sen embargo con moitísimas medallas olímpicas. ¿Que me podes contar del?
Pois o clima é máis ou menos como en Galicia, igual no verán fai un pouco máis de calor, pero pode chover como pode facer sol cinco minutos despois así que eu estou encantada (risas). E animais en Melbourne tampouco hai tantos, si que un día fun a unha granxa con unha compañeira de equipo, que era dos seus pais, que alí é moi típico, e había serpes, nada agradable. Tamén se soen ver canguros, que son moi grandes, pero resultan moi graciosos (risas).
¿Que virtudes ten Malena e que che gustaría mellorar?
Me encanta xogar cos pes, é o meu punto forte, si me queres como unha central, xogo como unha central. E defecto este ano foi a comunicación, e quero melloralo moitísimo.
Terías moitos e de cada un aprendes algo, ¿pero un adestrador ou adestradora que che marcara moito?
De As Pontes Marcos Bouza, que tamén era porteiro, e o meu adestrador de porteiras no Éibar, Mikel Saizar, que xogou en Segunda División, con el creo que foi o ano que máis aprendín na miña vida.
¿Segues a algunha xogadora en especial, que admires ou que teñas como referente? ¿Tes algún ídolo deportivo e algún ídolo vital?
Non son moi diso, pero gústame moito Hannah Hampton, do Chelsea. De España diríache Cata Coll. Meu ídolo de toda a vida é Íker Casillas, e fora do deporte, dígoche miña nai, bueno, e tamén meu pai (risas).
Moi ben, ¿Como ves a España de cara á Eurocopa Feminina?
Fíxate que Montse Tomé fora a miña segunda adestradora no Euro Sub19, España ten moitísimas probabilidades de gañar o Europeo, 100%, ogallá.
Máis aló do fútbol, ¿como é Malena no día a día?
Tranquila, si fai bo tempo vou a praia, se non fai tan bo tempo vou a praia e paseo (risas), gústame tocar a guitarra un pouquiño, ir a tomar café, en xeral, son moi tranquila.
Pois moitas gracias Malena, moita sorte nos moitos anos que che quedan de porteira, e que disfrutes das festas antes de voltar a marchar a Australia.
Grazas a ti Xose