Amigus
As Pontes

EUROEUME SUBVENCIONARÁ O MUSEO ETNOGRÁFICO DE A CAPELA

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O Centro de Desenvolvemento Rural aposta pola valorización do patrimonio e polo impulso da xestión conxunta dos recursos patrimoniais do territorio.
A Xunta Directiva do Grupo de Acción Local EuroEume, reunida en sesión ordinaria, aprobou a sinatura dun novo contrato de axuda dentro da iniciativa comunitaria Leader +, para o traslado do Museo Etnográfico de A Capela a súa nova ubicación, na Casa Rectoral da parroquia de Santiago de A Capela, no lugar de O Pazo. Este lugar ubicase nunha das entradas históricas ás Fragas do Eume, na cal comeza o sendeiro medieval que leva ó “Mosteiro de Caaveiro”.


A dotación de fondos para este proxecto é superior aos 150.000 €. O investimento dirixirase á rehabilitación e acondicionamento deste local, que foi cedido polo Arzebispado de Santiago ao Padroado do Museo Etnográfico de A Capela por un periodo de 30 anos. O fin deste proxecto é salvagardar e dar a coñecer tanto a cultura tradicional galega, como as formas de vida características do noso país ata ben entrados os anos 70. A colección, que consta de mais de 1000 pezas, carece a día de hoxe dunhas instalacións axeitadas para realizar a súa mostra, e atópase almacenada no C.I.E.P. “Mosteiro de Caaveiro”, lugar no que naceu esta iniciativa.
Tamén se aprobou a realización dun “Estudo do comercio local” do territorio que abrangue Euroeume. Este estudo ten como obxectivo obter un diagnóstico real da situación do comercio do territorio, para trazar posteriormente un Plan de Desenvolvemento centrado en buscar solucións para as principais debilidades do comercio polo miúdo.
Ademais da aprobación destes proxectos, o equipo técnico de Euroeume informou á Xunta Directiva do contido do Programa Equal Muller XXI, presentado pola Deputación de A Coruña conxuntamente con diferentes ONG´s, fundacións, empresas, e no que Euroeume constitúe o único Grupo de Acción Local envolto no mesmo. Este proxecto, ademais das características actuacións de formación, accións de difusión e estudos sobre cuestións de conciliación da vida familiar e laboral, inclúe un apartado de cooperación transnacional con Italia e Polonia.
Outro dos asuntos tratados nesta sesión foi a apertura dun proceso de selección de ofertas para a contratación dunha asistencia técnica de arquitectura, para a supervisión e control dos proxectos presentados ó aveiro da Iniciativa Comunitaria Leader +.
Por outra parte, no transcurso da reunión acordouse celebrar a vindeira Asamblea Xeral de Euroeume na Casa da Cultura de A Capela o vindeiro 5 de maio ás 19.30 h. Na mesma, ademais de presentarse as contas do ano anterior e facer un resumo das actividades realizadas ó longo do pasado exercicio, vanse trazar as liñas estratéxicas fundamentais para o seguinte exercicio.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios