Amigus
As Pontes

Éxposición sobre as árbores na vila

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

[RTVIASPONTES] Durante estes días teremos na vila outra mostra didáctica, moi semellante en filosofía á anterior. Titúlase “O Mundo das Árbores”. Está oragnizada pola Fundación Caixa Galicia, que deste xeito pretende achegar á sociedade os aspectos máis interesantes e curiosos do mundo natural, sobre todo destes xigantes vexetais.


Estará no Mercado Vello deica o 19 de outubro, e constará de 30 paneis fotográficos de grande formato, conta ademais con cortes de madeira, onde se poden aprecia-los aneis de crecemento, un semilleiro de diferentes especies, no que poden compararse tamaños, cores e formas. Estará aberta para colexios pola mañá e o día 19 haberá un taller para nenos de 4º de primaria. Ademais cada foto está acompañada dun texto no que describe os aspectos máis importantes de cada árbore, as súas dimensións, enfermidades, pragas e usos tradicionais.
Preto dunha vintena de persoas participaron na mañá do sábado no obradoiro de gravado, artellado con motivo da exposición sobre Maruxa Mallo. Os asistentes estiveron traballando durante un par de horas con esta técnica, que consiste en realizar un deseño sobre unha plancha de cobre e logo pasalo a papel coa axuda dunha prensa.
Cada vez é máis habitual que as exposicións que pasan por As Pontes teñan tamén diversas actividades. No caso da mostra “A Galicia máis natural”, pasaron por ela os centros escolares, que puideron escoita-las explicacións dunha monitora sobre os tesouros naturais que garda o noso país. Na primeira parte deste obradoiro os escolares puideron ir coñecendo os parques naturais creados por toda Galicia, e tamén as súas características e algunhas das especies máis curiosas dos mesmos. A Baixa Limia, a Serra do Xurés, Corrubedo, os Ancares, ou As Fragas, son lugares de especial protección, onde viven especies únicas de fauna e flora. Pero ademais destas explicacións os nenos tamén puideron xogar a descubri-las pegadas dos animais e cun concurso de preguntas e respostas.
Unha iniciativa moi acertada, tendo en conta que a maioría dos rapaces apenas coñecen o seu entorno natural, e os cambios climáticos que se agardan no futuro poden facer desaparecer moitas destas especies
Fonte: Web do Concello das Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios