Amigus
As Pontes

Letras e Sons das Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Continuamos coa programación da Concellería de Cultura do Concello das Pontes  LETRAS E SONS .


Este venres e continuando co ciclo de concertos programados nesta ocasión contaremos con:
VENRES 12 de MAIO ás 21h  no auditorio Municipal Cine Alovi “BATUKO TABANKA”
Música e coreografias de Cabo verde un trebón percusivo acompañado de cánticos interpretados por doce mulleres afincadas en Burela. Este grupo disposto en abano, batendo con furia e alegría sobre un pano pregado que colocan entre as pernas.
Máis información e música na web: abada.es
CINE EN GALEGO SABADO13 ( sesión 20.oo e 22.30)DOMINGO14 (sesion 19h) : proxectarase película CARGO protagonizada por Luis tosar e dirixida por Clive Gordon (versión Galega) Lugar: auditorio municipal Cine Alovi
DIA DAS LETRAS GALEGAS MERCORES 17
ás 12h no Parque municipal MAMA CABRA espectáculo musical participativo especialmente dirixido aos enos, no que a música serve para oñecer a poesía, acompañamentos ritmicos…..
máis información e música  en web mamacabra.com
ás 18.30 concerto da Banda das Pontes no parque.
Durante esta xornada  no parque municipal montaránse stans con venda de libros e música en Galego.
VENRES 19 de Maio ás 21h no Auditorio Municipal Cine Alovi  XAVIER DIAZ  presenta “músicas de salitre”
O traballo de xabier díaz é o resultado do encontro musical de dous homes unha voz do norte e un guitarrista do sur.
máis información e música web: xabierdiaz.com
Sábado 20  ás 21h no Auditorio municipal O  grupo de teatro afeccionado Pontés O Catre presenta A CIGOÑA dirixida por Pepablo

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios