Amigus
As Pontes

Libros, discos e o son de Manchester

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

[Galicia-hoxe] Medio centenar de cidades do mundo contan cunha Fédération Nationale d’Achats pour Cadres ben coñecida polas súas siglas: FNAC. Logo de moito agardar, o mércores veremos a apertura da tenda que virá precedida durante a xornada anterior polo acto de inauguración apadriñado por Antón Reixa e amadriñado pola cantante de Madredeus, Teresa Salgueiro.


O multimillonario François Pinault pon unha pica en Galicia coa entrada de PPR –a casa matriz de FNAC– na céntrica praza de Lugo. Na marxe dos datos da tenda, que cos seus dous mil cincocentos metros cadrados en dúas prantas ven a ter o tamaño medio do resto de tendas españolas, o momento lúdico centra a nosa atención na próxima semana. A iso das nove e media da noite de hoxe, martes, nos Xardíns de Méndez Núñez sairán a tocar distintos temas da súa traxectoria, tanto Rosa Cedrón como Deluxe –dous coruñeses internacionais–, os vigueses –agora cun Julián tamén herculino– Siniestro Total e quizais a xoia da noite, a sorpresa internacional a mans de Happy Mondays que darán boa conta do que un día foron, nun momento no que as drogas e o exceso eran símbolo chic dos tardíos oitenta. Rosa Cedrón aproveitará para tocar temas do seu presentado recentemente Entre dous mares. A selección de temas entre o mellor será tamén a fórmula elixida por Deluxe para tocar parte de Fin de un viaje infinito e un tanto distinto imaxinamos que será a presenza de Siniestro Total. Camiñando para os 30 anos da historia da banda, non hai dúbida de que o grupo repasará non unicamente os seus últimos éxitos senón parte dos temas que fixeron historia. Do mesmo xeito pero un tanto distinto e cando precisamente a banda viguesa editaba En beneficio de todos, cantando divertidas versións como Somos Siniestro Total –unha forma distinta de escoita o clásico de AC/DC Highway to hell– ou o premonitorio Todo por la napia, o momento máis doce para os Happy Monday acababa de chegar coa publicación do seu terceiro disco, Pills ‘n’ Thrills and Bellyaches. O que sería o terceiro disco grande para os de Manchester supuxo o delirio final dunha banda formada orixinalmente en 1981 pero que non daría froitos plastificados ata 1985. O impulso comercial do director do selo Factory Records foi clave para que nunha noite de “guerra de bandas” no famoso club Hacienda puxera o quinteto na lista de bandas máis populares deste sonido queacabaría de popularizar outro nome mítico, The Stone Roses.
A historia de excesos, drogas e descontrol foi recollida tamén pola película semidocumental 24 Hour Party People no 2002. Alí podiamos ver como os tentáculos de Tony Wilson ían desde o famoso club nocturno, pasaban polo seu selo Factory Records e tocaban de plano a formacións de sona do momento como Joy Division ou New Order. A fórmula sempre era a mesma, moito márketing, aderezado de produtores de moda que lle desen credibilidade ó proxecto, gran difusión e a gañar

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios