Remontada do As Pontes Xuvenil, que tras ir 2-0 en contra, repúxose con cinco tantos de Manuel, Daniel Martínez, Xavi, Nicolás e Daniel Portela, nun triunfo máis sufrido do que indica o marcador final.
Terceiros con 18 puntos, próxima xornada reciben ao Libunca, undécimo con 4 puntos. Xogaron polos de Iván Rodríguez; XaloR, XaloG, Iago, Jose Ignacio, Diego, Alex, DanielM, Nicolás, DanielP, Xandre, Manuel e despois Xavi, Lucas e Alejandro.
Nova cortesía Karlos Basoa






























Nova cortesía Karlos Basoa