Reparto de puntos no partido desta tarde no Evaristo Puentes no que comezaron adiantándose as locais por medio de Sara, pero no último cuarto de partido empataron as visitantes por medio de Sabela.
Segue a racha positiva do cadro local pois acumula tres vitorias seguidas, Batallador (0-3), S.Burgo (6-1), O Val (1-2), máis esta igualada. Co que suman 11 puntos, debido tamén a outro empate en Coruña, 3-3 ante o Silva, antes de comezar a segunda volta recibindo ao líder Orzán.
Xogaron Daniela García, Sheila Magdaleno, Elena López, Alejandra Criado, Sara Santalla, Daniela Gómez, Ángela Pena, Anaís Díaz, Mari Jose Otero, Mariana Fernández, Andrea Martínez; Sofía Varela, Alejandra Maroño, Zaira Acosta, Valentina Vázquez.
Nova cortesía Xose Ferreiro































































































Nova cortesía Xose Ferreiro