Gran triunfo 6-1 do Infantil feminino de Alberto e Jose Manuel en partido disputado esta mañá chuviosa no Evaristo Puentes. Ao descanso o marcador xa era dun claro 4-0 ante un equipo coruñés que fixo o que puido con so once xogadoras, que por momentos foron dez. Grande María con catro goles, por un de Anaís e Sara.
O equipo pontés suma a súa segunda vitoria tralo gran triunfo a semana pasada 0-3 ante o Batallador, e o empate 3-3 ante o Silva, por tres derrotas. Sextas con 7 puntos, próxima visita no derbi co Val, que ten a mesma puntuación.
Xogaron Daniela García, Sheila Magdaleno, Andrea Martínez, Alejandra Criado, Sara Santalla (1), Alicia Fontao, Ángela Pena, Martina García, Mari Jose Otero (4), Mariana Fernández, Daniela Gómez; Valentina Vázquez, Anaís Díaz (1), Zaira Acosta, Alejandra Maroño e Sofía Varela.
Nova cortesía Xose Ferreiro








































































































































Nova cortesía Xose Ferreiro