Partidazo do feminino pontés, hoxe dirixido por Alberto, que goleou merecidamente 7-2 ao Batallador, ao descanso 2-1 aínda que merecían máis, e pechan a temporada de maneira inmellorable na casa. Restalles un partido pero a domicilio contra o Sofán.
Contra o conxunto coruñés, que anteriormente só perdera un partido, cinco goles de María, que aínda marcou un sexto pero que non viu a colexiada, e tivo un sétimo que cabeceou a porta baleira e o balón pasou por riba do longueiro despois de botar no chan. Tamén un gol da campiona Mariana e outro de AlejandraT.
Cuartas con 9 puntos rematan a Liga vistando ao Sofán de Carballo, terceiro con dez. Xogaron Alicia Fontao, Sheila Magdaleno, Andrea Martínez, Alejandra Criado, Sara Santalla, Martina García, Ángela Pena, Alejandra Teijeiro, Mari Jose Otero, Mariana Fernández, Daniela Gómez; Zaira Acosta, Afolarin Keninde, Sofía Varela, Noa Pérez Sindín e Lía Giz.
Nova cortesía Xose Ferreiro
Nova cortesía Xose Ferreiro