Importante vitoria a conseguida esta mañá polo equipo xuvenil pontés de cara a aspirar a unha das catro primeiras prazas que dan opción de xogar o play off final, tres valiosos puntos ante un rival directo xa que os de Fene marchan en segunda posición. Para este encontro o tandem Marcos Roca-Marcos Bouza alinearon de principio a Alex, Antón, Mourín, Juan Donapetry, Fran, Borja Abeás, Carlos, Chus Cañizares, Ali, Fermín e Fernando. Na segunda metade entraron Xavi Pellón, Iago, Chesi e Amady. Nun partido de claro dominio local, os goles foron anotados por Ali na primeira metade e por Chus Cañizares na segunda. Con este triunfo os ponteses superan ó Cedeira e pechan o ano na cuarta posición.

Nova cortesía de Xóse Ferreiro