O Esteo FS organiza para os días 9, 10 e 11 de xullo unha nova edición do maratón de fútbol sala “Festas do Carme 2010”. A competición, que conta coa colaboración do concello das Pontes e a Deputación da Coruña, desenrolarase na pista do colexio Santa María.
Os equipos interesados poden efectuar a súa inscrición antes do día 7 de xullo chamando ós teléfonos 679.371.472 e 687.831.106 e facer o abono de 100 euros en Caixanova (As Pontes), número de conta 2080-0190-64-0040009858.
O xoves 8 de xullo será o sorteo no pavillón municipal da Fraga (20,30). O campión recibirá un premio de 1.800 euros e trofeo, o segundo clasificado 600 euros e trofeo, mentres que o terceiro e cuarto clasificados, recibirán cada un 200 euros e un trofeo. Tamén recibirán un trofeo o mellor xogador e o mellor porteiro do torneo.
Novas
- Resultados do Grupo piragüismo Xuvenil
- Folixa Summer Camp 2025
- Dixitic’s
- 3ª Regata Circuito Deputación da Coruña e Travesía de Foz.
- Resultados do Grupo Xuvenil no campionato de España de xóvenes promesas
- Resultados Grupo Xuvenil
- ADRIÁN GREGORIO E ANTÓN DOPICO, NA CLASE VAURIEN, ACADAN O 2º POSTO NA COPA XUNTA DE GALICIA 2025
- Folixa summer Camp
- Campeonato Gallego de pista xoves promesas.
Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.
También podría gustarte
Comentarios