Nokia presenta nova tecnoloxía inarámica
Lendo agnix.org:
“Unha nova tecnoloxía inarámica para Redes de Área Persoal (PAN, Personal-Area Networking) estase a desenvolver por Nokia e varios socios (CSR, Epson, Nordic Semiconductor…) para dispositivos pequenos que utilizan pilas de tipo botón, tales coma reloxos de pulso. O desempeño é semellante ao do Bluetooth.”…
…”A nova especificación é nomeada Wibree, ten unha taxa de transferencia de datos de 1Mbps (un millón de bits por segundo) e un alcance de 10 metros. O mellor dela é que emprega só unha porción da enerxía que é requirida en tecnoloxías similares.
Está pensada para comunicar teléfonos móbiles, videocámaras, PDAs, reloxos, teclados, ratos, sensores de deportes, xoguetes, etc.
Nokia pretende estandarizar esta tecnoloxía abríndoa a un foro tecnolóxico internacional. Namentres, confía en comezar xa a súa comercialización no segundo trimestre de 2007. “…
Fonte: agnix.org