Ao amparo do Plano de Desenvolvemento, e despois de xornadas de reivindicación social, a Xunta comprometeu, entre outras, a implantación de 3 novas especialidades formativas no noso concello. Namentres que o Plano continúa en vigor, non ocorre o mesmo co compromiso da Xunta antes e agora do PP-, que é quen de superar o seu incumprimento coa supresión de dous ciclos superiores.
Argumentos?; segundo o único concelleiro do PP, parece que existen estudos da Xunta que o posicionaron en contra dos intereses das Pontes. O PP non é quen de permitir as mesmas condicións para os nosos Centros que para o resto dos de Galiza. Nas Pontes supresión antes de iniciarse o período de admisión.
E o goberno municipal do PSOE?. Lentos. Reuníronse cos directores dos centros educativos, mais non cos ANPA´s.
O BNG solicitou unha reunión urxente o día 16, cando se fixo pública a decisión do PP; a convocatoria do PSOE foi o 21 para decidir, enviar unha carta á Consellería de Educación. Diante da insistencia do BNG, onte celebrouse un Pleno urxente no que, a iniciativa do BNG, aprobouse convocar reunións urxentes co Plano de Desenvolvemento, empresarios, Concellos limítrofes, …
A perda de tempo é evidente, xa que o prazo de admisión de alumnado remata o día 2 de xullo, e os nosos Centros non poden facer a oferta.
O BNG demanda do PSOE que cumpra coas súas responsabilidades de goberno, e do PP que demostre o seu peso e a súa utilidade. No caso contrario, outra vez As Pontes sairá perdendo.
Asemblea Local do BNG
As Pontes, 24 de xuño de 2010
Novas
- Curso de iniciación a Canva
- Resultados Grupo Xuvenil As Pontes na III Copa Galega Infantil K1/C1
- Resultados fin de semana 7 e 8 de xunio
- Lista de inscritos VI Slalom Vila de As Pontes
- II carreira green power Iberia
- I Copa de España de Barco Dragon 200-500m.
- Resultados Campionato Galego Barco dragón
- Segunda Regata Copa Galega Infantís
- Día das letras galegas
- Obradoiro de deseño e posicionamento de currículum
Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.
También podría gustarte
Comentarios