Nova Equipación Tecnolóxica
Grazas ao apoio económico da Deputación da Coruña, incorporamos novas ferramentas que nos permitirán mellorar a nosa capacidade de produción e deseño. Esta axuda supón un impulso fundamental para o noso proxecto, permitíndonos apostar pola tecnoloxía de precisión.
O investimento realizado permitiu a adquisición de equipos de última xeración destinados á fabricación dixital e ao marcado de precisión:
- Impresión 3D de Alta Velocidade: Incorporamos impresoras de alto rendemento como a Elegoo Centauri Carbon e a Bambu Lab P2S, ideais para prototipado rápido e pezas finais de gran calidade.
- Gravado e Corte Láser: Sumamos un kit de gravado láser Sculpfun S30 para traballos en diversos materiais.
- Marcado Industrial: Contamos agora cunha máquina de marcado láser de fibra de 100W , que permite gravados permanentes e detallados en superficies metálicas.
