O porteiro pontés de Fútbol Sala, Lucas Purriños Gómez, xogará entre o 16 e 18 de Xaneiro a Fase Previa do Campionato de España Sub16 coa Selección Galega.
Lucas xoga no Cadete do Parrulo de Liga Galega, pero incluso a pesar da súa corta idade xa participou en varios partidos do Xuvenil de División de Honra.
O evento será en Castela A Mancha, onde o combinado galego terá como rivais ao equipo local, ao sempre complicado cadro da Rexión de Murcia, e as Illas Canarias.
O día 16 enfrontaranse coas Illas Canarias, o 17 con Castela A Mancha, pechando a liguiña coa Rexión de Murcia o 18. So o gañador de cada grupo clasifica para as semifinais.
Os partidos terán lugar en Alcázar de San Juan e dous en Manzanares, no coqueto pavillón do equipo terceiro clasificado da Primeira División, so por detrás de El Pozo e Barcelona.
Os restantes grupos son, A, Cataluña, Extremadura, Baleares, País Vasco, Melilla; B, Aragón, Comunidade de Madrid, Castela León, A Rioxa; e D, Andalucía, Ceuta, Navarra, Comunidade Valenciana.
Nova cortesía Dani Purriños e XF









Nova cortesía Dani Purriños e XF