Amigus
As Pontes

O XOGADOR PONTÉS ÍKER ARES CLASIFICA CON GALICIA Á SEGUINTE FASE DO CAMPIONATO DE ESPAÑA.

O combinado galego acompaña a Cataluña na vindeira rolda

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Semana máxica a que viviu o futbolista pontés Íker Ares López en Burela pois disputou catro partidos coa Selección Galega e clasificou para a Fase Final.

O papel do xogador pontés foi trascendental pois logrou o empate contra Cataluña 1-1 no último minuto, que deu o punto necesario para acabar na segunda posición final.

A Selección galega comezou o torneo gañando 6-0 a Castela León, pero logo tropezou 3-5 ante Castela A Mancha. Mantiveronse con opcións tras vencer 7-4 a Navarra, e finalmente o empate cos cataláns deulles a clasificación.

A táboa foi liderada por Cataluña con 10 puntos, Galicia sumou 7, Castela A Mancha e Castela Léon conseguiron 6, mentres que o combinado navarro non logrou ningún punto.

Xa se coñecen os cuartos de Final, dos segundos clasificados contra os primeiros de cada grupo, e Galicia enfrontarase contra Aragón, namentres que os outros partidos son unha final anticipada, a de Comunidade de Madrid-Cataluña, e Andalucía-Comunidade Valenciana e Rexión de Murcia-Illas Canarias.

Fotos cortesía Futgal e Lago Sport. Nova cortesía XF.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios