Na mañá de hoxe disputáronse as semifinais e a final do Torneo de Veteráns de Fútbol 7. No derradeiro econtro enfrontáronse Farmavida e Xuntaza con victoria dos primeiros nos lanzamentos de penalti por 3 a 1 tras acabar o tempo regulamentario con empate a 1. No equipo campión resaltar a presenza de dous importantes ex xogadores do Endesa de As Pontes como Javier Salido e Mariño, tamén Juanjo, Paulino, Jorge, Juan, Abel, entre outros.












Nova cortesía de Xóse Ferreiro