Amigus
As Pontes

Os Reis xa pasaron polas Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Onte pola tarde, estivemos cos Reis Magos para darlle-la benvida e para pedirlles que nos trouxeran moitos regalos a tódolos amigus.

reis.jpg


Chegaron a iso das 18:00 a Dopeso, onde se quitaron as roupas da viaxe e se puxeron as súas mellores galas. Despois foron coa Policía Municipal ata a rúa Monte Caxado onde se subiron ás súas carrozas para dar unha voltiña polas Pontes.

reis02.jpg

Unha vez enriba das súas cabalgaduras marcharon ata a praza de América para saudar a tódolos nenos e nenas que alí os esperaban e para que o Alcalde, Don Víctor, lles dera as chaves de tódalas portas da vila para que esta noite puidesen entrar a deixa-los regalos.
reis03.jpg

Aquí tedes algúns dos nenos que alí estiveron esperando a ve-los Reis e pedirlles en persoa os seus regalos 😉
reis04.jpg

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios