Amigus
As Pontes

PARTICIPACIÓN DO CLUB DE VELA FLUVIAL AS PONTES NO CAMPEONATO DE ESPAÑA 2025 DA CLASE VAURIEN

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Dende hoxe día 17 e ata o 20 de abril na Bahía de Laredo disputarase a 61 edición do Campeonato de España da clase Vaurien, organizado polo Real Club Náutico de Laredo.

Está confirmada a participación dunhos 40 barcos da clase provintes de Cantabria, a Comunidade de Madrid, Castilla e León, País Vasco, Andalucía, Galicia e Comunidade Valenciana que competirán por lograr o primeiro posto ó longo das 12 probas programadas, das que deberán completarse cando menos 2 delas para que o Campeonato de España sexa válido.

Entre a flota galega o Club de Vela Fluvial de As Pontes participa neste campeonato con 3 tripulacións, todas elas xuvenís, que aspiran a entrar no equipo español que participará no Mundial da clase que se celebrará o vindeiro mes de xullo no lago di Bracciano, moi perto de Roma.

Na categoría xuvenil masculina Adrián Gregorio e Antón Dopico estarán tratando de poñer broche de ouro á magnífica tempada que fixeron no ranking galego; na categoría xuvenil feminina, por unha banda, Alba Abril e María Lefler pelexarán por tratar de revalidar o título de campeonas femininas obtido no 2024 en Vigo e, por outra banda, Paula González e Iida Suoniemi (Bazán Ferrol) con menos experiencia nesta clase vaurien pero que non escatimarán esforzos para tratar de quedar o máis arriba posible na clasificación final.

 

Nova cortesía do club de Vela Fluvial.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios