Amigus
As Pontes

Presentación do terceiro número dos Cadernos do Museo Entnográfico

Este ano adicado ao oficio de zapateiro na nosa vila.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O vindeiro día 16 ás 19:30 horas na Praza da Igrexa das Pontes, presentaremos o terceiro número dos Cadernos do Museo Entnográfico, este ano adicado ao oficio de zapateiro na nosa vila, que pretende tamén rendir unha homenaxe a tódolos zapateiros ponteses e ás súas familias, afondando nas técnicas de elaboración dun oficio prácticamente extinguido.

O aforo será limitado por mor das medidas Anti-Covid19. Non se reservarán prazas. Ata completar aforo por orde de chegada. Apertura do recinto 19:15 horas.

Tódolos asistentes recibirán un exemplar gratuito da revista.

Contamos con vós!

COLABORA: Concello das Pontes e Deputación da Coruña

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios