Vitoria do Lago no encontro desta noite no Pavillón Municipal ante o filial do Alto do Vento 4-2.
Cun tanto de Adrián Bellas se poñían por diante os de Vinicius-Cascudo, pero tras unha rigurosa expulsión de Adrián Meizoso igualaban os visitantes en superioridade nunha xogada desafortunada.
Jacobo voltou a poñer por diante aos azuis antes do descanso e trala reanudación dous tantos de Dani e Alejandro daban algo de tranquilidade, pero pronto os visitantes poñían un 4-2 que os locais souberon aguantar ata o final.
Sitúanse segundos con 51 puntos antes de visitar na derradeira xornada ao Bar Ciudad coruñés, undécimo. Xogaron Sergio, Jacobo, Meizoso, Bellas, Dani; Kevin, Alejandro, Díaz, Yeray, Pablo e Santi.
Nova cortesía Xose Ferreiro
Nova cortesía Xose Ferreiro