Amigus
As Pontes

PRIMEIRA REXIONAL. CD AS PONTES 1 – RELÁMPAGO SD 0

O As Pontes acaricia a salvación cun tanto de Rafael preto do final. Cristian detivo un penalti no último minuto.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O As Pontes deu un paso de xigante cara a salvación tras gañar ao quinto clasificado Relámpago, que dominou o encontro, por 1-0, decimosexto tanto de Rafael Florin Rogojina.

Tras unha triangulación entre Óscar, Hugo, e Rafael, este rematou de primeiras ao primeiro pau sorprendendo ao porteiro visitante adiantando aos azuis, pero pouco durou a ledicia pois no último minuto houbo penalti para os visitantes, pero Cristian estivo inmenso despexando o balón.

Décimos con 42 puntos, queda visitar ao Valdoviño e recibir ao Sporting Meicende. Xogaron Cristian, Criado, Samuel, Óscar, Cayetano (Caamaño 71´), Rafael, Javi, Daniel (Hugo 63´), Elías (Manuel 88´), Xandre, Bruno.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios