En partido xogado case ás 18:30, xa de noite pechada, non foi capaz o As Pontes de vencer ao Sporting Coruñés co que compartía pechacancelas.
Pese a adiantarse cun tanto de Xandre antes do descanso, tres goles consecutivos dos visitantes en apenas cinco minutos, co partido preto de concluir, foron un xarro de auga fría nun día xa por si de moita auga.
Isto, unido á clara derrota a semana pasada con outro compañeiro de clasificación como era o Impérator por 3-0, afunde na táboa ao cadro azul, con 7 puntos, antes de visitar ao Relámpago, décimo terceiro con 16.
Xogaron Mario, Samuel, Javi, Xoel (Alain 71´), Jandro, Guizán (Anxo 21´), Bruno, Luis, Xavi (Manuel 81´), Xandre (Elías 71´), Hugo (Carlos 71´).
Nova cortesía Xose Ferreiro



























Nova cortesía Xose Ferreiro