Amigus
As Pontes

PRIMEIRA REXIONAL. CD AS PONTES 1 – VICTORIA DE CORUÑA CF 0.

Un glorioso equipo pontés volve a tumbar ao líder por segunda vez en quince días

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O As Pontes volveu a vencer ao líder por segunda vez en apenas quince días. Si hai dous domingos era a Cultural Maniños, quen caía no Poboado por 4-2 hoxe era o Victoria coruñes que o facía por 1-0. Equipo local que é unha montaña rusa, pois a semana pasada perdía co colista Caranza 3-1.

No encontro de hoxe anotou o tanto da vitoria Rafael mediado o segundo tempo, e aguantaron as embestidas do líder, que cedeu o testigo ao Maniños, para sumar tres valiosos puntos que os sitúan duodécimos con 13, antes de visitar ao Marte, a esta hora sexto con 20.

Xogaron polos de Joaquín Breijo; Cristian, Criado, Samuel, Óscar, Cayetano (Hugo 77´), Rafael (Caamaño 86´), Xoel (Alexandre 68´), Daniel, Xandre, Pablo (Jandro 77´), Bruno.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios