Amigus
As Pontes

Resultados Grupo Xuvenil

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O sábado 12 o piragüismo local tivo duas citas.

O Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes desprazaba pola mañá a tres padexeiros para competir no Campionato Galego Prebenxamín, benxamín e alevín, cita que concurreu no municipio ourensá de Arnoia.

Sobre un circuito de 1500 metros os nosos obtiveron os seguintes resultados:

Home benxamín B k1, 12º posto para Martín Ferro.

Home benxamín A k1, Javier Filgueira faciase co subcampionato galego.

Home alevín B, Unai Penabad era 3º en meta.

Xa na tarde, dous padexeiros locais participaban na localidade pontevedresa de Ponte Sampaio, na Copa de España máster de maratón.

Nun duro percorrido de cerca de 20 quilómetros con correntes, algas e cinco porteos, Ernesto Gancedo era 4º na súa franxa de idade e Miguel Timiraos acadaba un 7º posto na franxa de 40 a 44 anos.

 

Nova cortesía do Grupo Xuvenil.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios