Con carácter lúdico festivo, aínda que acabou impoñendose por cuarta vez, coma non, Esteban Díaz, disputouse este mércores á tarde, baixo o sol e con moito frío, a tradicional San Silvestre pontesa que contou cunha boa participación.
Na categoría masculina, como dicimos, impúxose Esteban Díaz, por cuarta vez, seguido de Aarón Crende (Fluvial de Lugo) e o gran ex futbolista Miguelito Vilaboy.
Na categoria feminina, a gran estrela foi Mireia Díaz, que venceu por diante de Uxía Pico e Natalia Fraga.
Ao remate do evento, houbo a tradicional chocolatada con rosquillas para os participantes.
Nova cortesía Xose Ferreiro













































































































































































































































































Nova cortesía Xose Ferreiro