SEMIFINAL COPA. SERVICIO MÓBIL CB AS PONTES 77 – BBCA CB COSTA ÁRTABRA 67.
Partido este sábado á tarde no Monte Caxado
Vitoria 77-67 do equipo local no partido deste sábado á tarde no Pavillón monte Caxado ante o Costa Ártabra.
O equipo pontés leva unha ventaxa de 10 puntos de cara ao partido de volta, que puido ser maior de non ser por un mal último cuarto.
Xa que os de Valcárcel, foron 22-15, 46-31 ao descanso, 71-51 no terceiro cuarto, pero un mal 6-16 nos últimos dez minutos deixou o tanteo nun 77-67 que se resolverá a vindeira semana, con 35 puntos de Alex Pardo e 19 de Iago Otero.
Nova cortesía Xose Ferreiro
Nova cortesía Xose Ferreiro