Vitoria do equipo feminino pontés en partido disputado nesta mañá soleada e fría no Evaristo Puentes ante o Unión Campestre por 2 goles a 1, en encontro arbitrado polo colexiado pontés Iago Expósito Fraga.
No inicio do segundo tempo Paula Castro quedou sola diante da porteira á que batiu de tiro raso, pero as de Montrove (Oleiros) empataron por medio de Rocío, aínda que pouco despois era un tanto de Carol o que daba os tres puntos á locais.
As azuis son oitavas con 19 puntos antes de visitar ao Xuventude de Crendes de Abegondo, quinto con 27. Xogaron polas de Alex e Silvia; Ainize, Naia, Lucía, Indira, Noelia, Andrea, Nerea, Patri (Aya 85´), Paula Castro, Carol, Laura (Paula Ríos 87´).
Nova cortesía Xose Ferreiro
Nova cortesía Xose Ferreiro