O vindeiro 31 de maio terá lugar no circuito de karts o VI Slalom Vila de As Pontes, organizado por Acap e puntuable para o Campionato de Galicia de Slálom 2025.
Os vehículos admitidos nesta proba serán os das clases I a VII, vehículos de competición de calquera cilindrada e tracción, prototipos e vehículos de serie de tracción dianteira ata 1200cc.
Os participantes deberán cumprir co disposto no anexo I 2025 da Federación Galega de Automobilismo, e deberán inscribirse telemáticamente na páxina da FGA ata o 26 de maio ás 20h.
O custo da Inscripción serán 85€ coa publicidade da proba ou 170€ sen ela
Os participantes deberán enviar por email:
* Licenza: piloto, concursante e asistencia, no caso.
*Ficha técnica do vehículo.
*ITV do vehículo en vigor.
*Seguro obrigatorio do vehículo en vigor
*Xustificante de pago dos dereitos de inscrición na proba.
e-mail: inscripcions@automovilclubaspontes.com
Os dereitos de inscrición poderán ser satisfeitos en:
Entidade BBVA número de conta ES48 0182 5300 9402 0160 3785.
Nova cortesía de ACAP.