Amigus
As Pontes

VI Certame As Boliqueiras

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Un ano máis, a Mesa pola Normalización Lingüística das Pontes organiza unha nova edición do concurso “As Boliqueiras”. Os traballos que se presenten deberán estar en lingua galega e ter como tema o teatro galego. O formato será libre (papel, audiovisual, etc.) e os participantes indicarán a categoría na que se queren presentar:
Infantil e Primaria. Premios: vales para empregar en librarías.
Secundaria e Bacharelato. Premios: dous de 150 € cada un.
Premio especial sen límite de idade: 500 €.
A data límite será o 6 de maio.
VI_boliqueiras.jpg


Bases
A Mesa pola Normalización Lingüística das Pontes convoca o VI concurso As Boliqueiras.
Poderán participar neste certame todas as persoas que así o desexen sempre que presenten os seus traballos en galego. Estes deberán ser orixinais e inéditos, podendo ser publicados/emitidos se así o considera o xurado.
O tema desta edición é “O TEATRO GALEGO”, por dedicárense as Letras Galegas de 2013 a Roberto Vidal Bolaño. O certame está aberto a todo tipo de traballos (escritos, audiovisuais, etc.). No caso dos que se presenten en soporte papel, o máximo establecido é de 10 folios. Acéptanse traballos presentados en equipo.
Premios en vales
ESCOLAS INFANTÍS
De 0 a 3 anos: un único premio de 80 €.
De 3 a 6 anos: 1º premio de 50 €, 2º premio de 40 € e 3º premio de 30 €.
PRIMARIA
1º CICLO: 1º premio de 60 €, 2º premio de 50 € e 3º premio de 40 €.
2º CICLO: 1º premio de 60 €, 2º premio de 50 € e 3º premio de 40 €.
3º CICLO: 1º premio de 60 €, 2º premio de 50 € e 3º premio de 40 €.
Premios en metálico
SECUNDARIA
CATEGORÍA 1: 1º e 2º de ESO.
Preimo único de 150 € doado por Nodo Dixital.
CATEGORÍA 2: Bacharelato e ciclos formativos.
Premio único de 150 € doado por Transportes Eume As Pontes.
Haberá tamén un único premio especial “ENDESA” para un traballo de formato aberto sobre calquera tema relacionado co teatro galego. No caso de ser en soporte papel, o límite serán 10 folios como máximo, en letra Arial 12. O importe deste premio será de 500 € en metálico (suxeitos á retención correspondente) e poderá concorrer toda aquela persoa que o desexe.
Presentación dos traballos
Formato papel: entregarase un orixinal en sobre pechado, debendo constar por fóra do sobre: VI Certame “As Boliqueiras”, categoría e seudónimo. Ademais, haberá que incluír un sobre pequeno co mesmo seudónimo de fóra, contendo no seu interior os seguintes datos: nome/s do/s participante/s, enderezo e un número de teléfono de contacto.
Os traballos entregaranse na biblioteca municipal, Avda. de Castelao s/n, rematando o prazo de entrega o día 6 de maio de 2013.
Formato electrónico: enviaranse por correo-e ao enderezo boliqueiras@gmail.com indicando nome/s do/s participante/s, enderezo e un número de teléfono de contacto. Aceptaranse todos os arquivos recibidos antes das 00.00 h do 6 de maio. Tamén se poderán entregar na biblioteca municipa nun DVD en sobre pechado (igual proceso que en formato papel).
O xurado estará composto por un/unha representante da Asociación de ANPAS “Abrente”, un/unha representante do Concello, un/unha representante do teatro local e un/unha representante da MESA. Correspóndelle ao xurado a interpretación destas bases, o seu fallo será inapelable e os premios poderán quedar desertos. A decisión do xurado farase pública o venres 10 de maio no transcurso dun acto que se celebrará na Casa Dopeso ás 18.00 horas.
A participación nesta convocatoria supón a total aceptación das presentes bases.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios