Yahoo! competirá con Skype polo negocio da telefonía por Internet
Lendo codigocero.com:
“Yahoo! anunciou que entrará no negocio da telefonía a través da Internet, cun sistema que pasará a chamarse Phone Out (no caso de permitir realizar chamadas dende a Internet a un número telefónico tradicional) e Phone In (cando unha chamada telefónica se pode recibir no propio ordenador do usuario).”…
…”O sistema permitirá chamadas de balde de ordenador a ordenador e será gratuíta a súa instalación, aínda que para realizar chamadas a números telefónicos (presumiblemente a 0,01 dólares/min. nos EE.UU. e 0,02 dólares/min a unha listaxe de 30 países distintos) precisarase da realización de prepagos de 10 ou 25 dólares, custando 29,90 dólares/ano o servizo de recepción de chamadas no ordenador.”…
Fonte: codigocero.com