Esta fin de semana, sábado e domingo, tivo lugar nos campos do Poboado o oitavo torneo de Fútbol 8.
Nos máis pequenos, na categoría Prebenxamín, impúxose o Piringalla A de Lugo 2-1 ao Club de Campo de Ferrol A.
En Alevín, non tivo fortuna o As Pontes A, que caeu na final, na quenda de penaltis, ante o Olímpico de Rutis, tralo 1-1 regulamentario.
Moita alegría houbo o domingo, xa que en categoría Benxamín, o equipo de Marcos Leal, CD As Pontes A, impúxose na final 5-0 a todo un Betanzos CF.
Nova cortesía Iván Rodríguez e Xose Ferreiro
Nova cortesía Iván Rodríguez e Xose Ferreiro