As xogadoras do Lago Sport, Laura García Marcial, en categoría Cadete Sub16, e Adair Legaspi Bellas e Daniela Feal Prieto, en categoría Infantil Sub14, veñen de ser convocadas para a disputa dos Campionatos de España, que se levarán a cabo na localidade catalana de Salou.
En ambos casos a Selección Galega xogará o día 18 contra Cantabria, o día 19 contra a Comunidade Valenciana, e o día 20 contra Andalucía. O campión de cada grupo xogará as semifinais.



Nova cortesía Diego Paz Romero