67 autores galegos crean o primeiro cómic sobre o Prestige
O Colectivo Chapapote editou o primeiro cómic sobre a catástrofe do ‘Prestige’ co que, mediante a forza da linguaxe deste tipo de publicacións, pretende dar unha mensaxe de defensa da natureza e unha lección ecoloxista para o futuro.

Así o manifestou Manel Craneo, un dos responsables deste libro sobre o accidente do petroleiro, quen suliñou que o cómic non só serve “para contar historias, se non para a defensa dos dereitos das persoas e da natureza”.
A obra, presentada de forma oficial no Salón do Cómic de A Coruña, xunta baixo o título ‘H2Oil’, 71 traballos dun total de 67 autores, todos eles galegos, que ofrecen a súa particular visión da catástrofe.
Craneo resaltou que se garantizou ós autores “total libertade de expresión”, de forma que hai dende debuxante que apostan pola “crítica política e social” a aqueles que prefiren “historias máis estéticas ou poéticas”.
A publicación tamén amosa diversos estilos gráficos procedentes das mans experimentadas de debuxantes xa consagrados coma Xaquín Marín, Miguelanxo Prado e Suso Cudeiro á doutros artistas noveis.
Fonte: elmundo.es