Amigus
As Pontes

Mies van der Rohe, o deseño do `menos é máis’

Lendo elcorreogallego.es:
“O milimétrico coidado da relación entre deseño interior e exterior que impoñen os cánones actuais ten a súa orixe nos mestres da arquitectura de vangarda. Na mesma liña expositiva que trouxo a Galicia a obra dos seus contemporáneos Frank Lloyd Wright, Jorn Utzorn ou Le Corbusier, a Fundación Barrié de la Maza abre o seu ano de exposicións cunha proposta de viaxe a través desta conexión de detalles a través da obra de Mies van der Rohenunha mostra que permanecerá aberta ata o 2 de maio.”…

20040125n1.jpg


…” `A verdadeira arquitectura é unha arte obxectiva e debe rexerse polo espírito da época en que se desenvolve”, deixou dito o responsable de edificios como o Pavillón Barcelona ou o edificio Seagram de Nova York, referentes ambos do Movemento Moderno.
O que desde esta semana se ofrece na Barrié é un segmento do seu período europeo de traballo, entre 1027 e 1031, ó que pertencen obras non menos emblemáticas deste arquitecto universal, como son as súas vivendas experimentais de Weissenhof en Stuttgart ou a Villa Tugendhat de Brno.
Son inmobles que destacan polo detalle contructivos, polos espacios diáfonos e as proporcións harmónicas, pensadas para albergar mobles elegantes e exclusivizados a través dos materiais. Descobrimos así modelos de silla en suspensión, ou o singular canapé ca casa Farnsworth en EEUU.
É o de Van der Rohe un impresionante legado non só desde a súa faceta de arquitecto e deseñador de interiores, senón tamén como profesor e ideólogo dunha corrente que buscou o menos é máis.
O gusto pola simplicidade, as superficies lisas, a elegancia na elección dos materiais e nas liñas fan del o inventor dun deseño polo que non pasa o tempo”.
Ludwing Mies van der Rohe (Aquisgrán, 1886-1969) traballou uns anos na súa cidade natal na empresa familiar de escultura de pedra, para logo incorporarse ó estudio de arquitectura de Bruno Paul en Berlín, e logo ó de Peter Behrens, baixo cuxa influencia desenvolveu un estilo arquitectónico baseado en técnicas estructurais avanzadas e no clasicismo prusiano.
Fuxindo dos nazis a finais dos anos 30 chegou a Estados Undidos xa como un arquitecto e deseñador coñecido. En Chicago só aceptou o cargo de decano da escola Armour coa condición de poder redeseñar os edificios do recinto universitario, que aínda seguen hoxe en pé.
Nunha exposición celebrada no MOMA de Nova York en 1947 presentou unha das obras máis polémicas da súa carreira, a Casa Farnsworth, unha caixa de vidro delimitada por un teito e un chan sostidos por oito columnas periméticas de aceiro sen apenas elementos ríxidos no interior.
E foi no país da emigración onde construiu o edificio que moitos consideraron no momento a máxima expresión da arquitectura internacional, un edicio de fachada acristalas, de liñas claras e sobrias, construído segundo a técnica do muro cortina desenvolta por Mies, que consiste na fachada de fusión de sustentación, a cal recae en pilares situados detrás.
A partir de aí chovéronlle encargos para deseñar edificios de todo tipo, incluídos algúns rañaceos que seguen a ser totalmente actuais no seu deseño. Ó longo da súa vida profesional Mies loitou por conseguir unha arquitectura universal e simple.”
Fonte: elcorreogallego.es

También podría gustarte
Comentarios